martes 28 xaneiro 2014

A Federación colga na páxina web o calendario provisional deste ano


A Federación Galega de Surf presenta un calendario provisional das actividades que englobaría a tempada 2014. Este calendario e provisional ata a celebración da 1ª Asamblea Xeral do ano 2014 onde se aprobará o calendario definitivo entre outros aspectos.
Este calendario está composto polas seguintes actividades:
-          Circuito Galego
-          Campeonatos Galegos
-          Selección Galega de Surf
-          Outros Campeonatos de Especial Relevancia
-          Cursos de Formación
En canto a Selección Galega de Surf, xa adiantamos que os riders interesados en formar parte deste equipo deberán remitir a súa planificación 2014 según os Criterios establecidos, que podédes ver pinchando AQUI, antes do 20 de febreiro. As planificación deben ser firmadas polos seus técnicos e podedes envíalas a info@fgsurf.org
Unha vez teñamos o calendario oficial e defintivo, farémolo público nesta páxina web con todas as novidades que poida haber no Circuito 2014.

PARA VER O CALENDARIO PINCHA AQUÍ.

 

xoves 16 xaneiro 2014

Novo Campionato: O mellor dos mellores 18/1/2014



Este fin de semana celebrarase o campeonato galego O Mellor dos Mellores, para pechar a temporada 2013. Este formato de campeonato galego foi creado para acoller aos 8 primeiros clasificados do Circuito Galego. As categorías que se disputan son Surf open (Top 8), Surf open femenino (Top 4), Surf xuvenil masculino (Top 4), Body Open (Top 8), Body Sub. 18 (Top 4), Longboard open (Top 8), Paddlebaord (Top 4).
Confirma a túa inscripción no campeonato O Mellor dos Mellores, se estás clasificado:
Confirmar inscripción antes de xoves en campeonatos@fgsurf.org e realizar o abono da incripcion por valor de 5€ en novagaliciabanco 2080-0567-04-3040003179. Recorda que debes ter a tua licenza en vigor.

martes 14 xaneiro 2014

As promesas do Bodyboard galego en Patos

Esta mañá o mellor surf volveu á praia de Patos. Alí en Nigrán disputouse a cuarta proba do circuíto nacional de promesas do surf e do bodyboard. As ondas desde logo, non puideron ser mellores. Un bo recibimento para os surfeiros que participaron neste circuíto de promesas que por primeira vez chegaba ás augas de Nigrán. Precisamente unhas ondas que viron crecer a Gony Zubizarreta, campión do mundo junior no 2002 e campión de Europa deste ano.